quinta-feira, 13 de outubro de 2016

Paisagens dos Caminhos de Ferro Nº2

(clique na imagem se deseja vela a tamanho completo)                                      

Roda de um vagom de carga velho; Crunha

segunda-feira, 19 de setembro de 2016

O GALTREN, umha proposta do BNG como solución de futuro para unir vilas e cidades

Para o BNG “o GALTREN está chamado a ser o tren de referencia de Galiza nas conexións entre vilas e cidades, superando a fragmentación entre FEVE e RENFE, pois con independencia do largo da vía e do diferente material rodante, permitirá un coordinación entre servizos, ao ter unha dirección operativa única” Olalla Rodil explicou que “Galiza non conta con tren de cercanías porque así o vetan en Madrid, ao contrario do que si admiten en zonas con poboacións próximas similares (non só contornas metropolitanas como as grandes cidades, tamén por exemplo no caso de Oviedo-Xixón-Avilés)” e “iso impide ter acceso a importantes subvencións e fondos, dado que no ámbito comunitario hai fondos específicos para o tren de proximidade, aos cales Galiza neste momento está vetada”.
Olalla Rodil, candidata do BNG por Lugo ás eleccións galegas do 25 de setembro, participou, xunto coa candidata por Ourense, Noa Presas, nun acto en Monforte para presentar o programa do BNG no referido ás comunicacións ferroviarias “propomos crear o GALTREN, unha entidade plenamente pública, dependente do Goberno galego, onde se aglutinen todos os servizos ferroviarios que transcorren por Galiza, reclamando a transferencia dos medios materiais e humanos dos actuais servizos (RENFE e FEVE)”.
As candidatas explicaron que “trátase de poder ampliar e mellorar as conexións entre as vilas e cidades galegas, cunha perspectiva tamén social e de equilibro territorial e non soamente economicista, como vén aplicando RENFE desde Madrid (lembremos que RENFE abandona vías antieconómicas, e mesmo durante anos esixiu a través dun convenio á Xunta que compensara o mantemento de liñas deficitarias)”.
A partir do 25 de Novembro “Galiza debe reparar ese veto de Madrid, esa negativa obstinada en negar que hai conexións interiores de proximidade” dixo Noa Presas e engadiu que “non pode manterse que ir de Vigo a Pontevedra ou entre Santiago e A Coruña sexa media distancia”. Só a creación duns servizos de proximidade ferroviarios propios, aglutinados no GALTREN, que sexa de plena xestión desde Galiza permitirá tamén reparar este agravio histórico, alén de ser a mellor vía para fortalecer os servizos ferroviarios interiores, tanto de pasaxeiros como de mercadorías.

terça-feira, 26 de abril de 2016

Paisagens dos Caminhos de Ferro

Via galega abre umha nova secçom adicada as paisagens dos Caminhos de Ferro.
Agardamos que desfrutedes com elas:

(clique na imagem se deseja vela a tamanho completo)                                      

Atardecer na via das Marinhas; Cambre

terça-feira, 8 de março de 2016

A mulher no ferrocarril: a primeira maquinista

O ir e devir histórico das nações e dos movimentos socias tenhem curiosamente umha vinculaçom grande ou pequena co mundo do ferrocarril.

   Com motivo do 8 de Marçal e a luita da mulher trabalhadora e emancipada queremos lembram o feito historico de “Pilar Careaga y Basabe” coma a primeira mulher maquinista.
    E dizemos e resaltamos “lembrar o feito histórico” e nom a figura em si, dado que “Pilar Careaga y Basabe” estivo sempre vinculada a Ultradereita, o Franquismo e mesmo ajudou a fundar o partido de ultra-dereita espanholista “Fuerza Nueva”.


  O feito histórico de que umha mulher manexara por aquel entonces (isto foi em 1929) aquelas obras da engenharia suponhia um grande avanço na luita pola emancipaçom, sentava um precedente num eido ate o momento so dos homens: “umha mulher guiando umha locomotora” ...mesmo ajudava a normalizar o que já deberia ser normal.

   Curiosamente esta maquinista guiou o “Expreso de Galicia” de “Caminos de Hierro del Norte de España”

    A primeira maquinista manexou auténticas bestas de case 100 toneladas de aceiro, sem contar co tender; foram a ‘Montaña’( 2 eijos dianteiros, 4 motrices, 1 trasseiro 2-4-1) a ‘Confederación’ (2-4-2) e a ‘Mastodonte’ (2-4-0), enormes locomotoras de vapor (numeradas coma 4.600, 2400 e 4.300 respectivamente) da Compañía dos “Caminos de Hierro del Norte de España” nas variantes de Mercadorías, Viaxeiros e Mixtos.

   Há que sublinhar que por exemplo na Inglaterra a 1ª mulher em conducir um trem foi Haren Harrison em 1978, no estado espanhol a RENFE nom permitiu mulheres na empresa ate 1979 e FEVE nom contou com umha maquinista ate o 2008.


   O mundo do ferrocarril vai os poucos abrindose e normalizandose no eido da luita social femenina, agardemos que siga na boa direçom e nom chegue a "via morta"

sábado, 5 de março de 2016

Rexionais; os “Cercanías” de Galicia.

Hoxe facemos dende Vía Galega unha reflexión acerca de ese servizo que nos ofrece a Renfe, os Rexionais ou Rexionais Express.
A elevada dispersión xeográfica que caracteriza a Galicia dificulta a implantación de un sistema que ofreza unha conexión rápida entre os distintos pobos e aldeas  cas urbes. Renfe e Adif trátanlle de dar unha solución cos Rexionais ou Rexionais Expréss, pero cunha infraestrutura antiga ( recodemos que estes automotores circulan polas antigas liñas) e con abundantes estacións intermedias, a competitividade do servizo decae.  Como trataron de solucionar o exceso de paradas,  pois ou ben coa súa supresión (estacións abandonadas) ou coas paradas facultativas.
A supresión de paradas, debería de ser tomada como a última das opcións a adoptar, so sería comprensible a súa aplicación, en aquelas estacións onde, previo un estudo de mercado, o  servizo non tivese demanda algunha.  No que respecta as paradas facultativas podería ser unha boa opción no sentido de dotar de unha maior competividade ao sector, se non hai viaxeiros agardando no anden, o tren podería continuar a súa marcha, sen apenas perder tempo.
Pese a todos os problemas que a simple vista se nos ocorren, estes servizos deben de continuar en pro de un ferrocarril público e social, que satisfaga as necesidades e demandas dos cidadáns.  
Na actualidade,  temos servizos Rexionais prestados con automotores da serie 599 que circulan  entre A Coruña e Vigo Guixar  (inverso) efectuando paradas en Cerceda Uxes, Meirama, Ordes ,Santiago de Compostela, Osebe, Padrón, Pontecesures, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Portela,  Pontevedra, Arcade, Cesantes, Redondela-Picota, e Redondela. Tanta poboación presente ao longo desta liña, posibilita, a existencia de diferentes combinacións e frecuencias, como son os servizos Santiago de Compostela - Vilagarcía (viceversa), Vigo Guixar-  Santiago e Vigo – Pontevedra (as cidades anteriormente citadas son o orixe e o destino do automotor, pero este, mantén as paradas enumeradas no comezo do parágrafo).

(Rexional S-599 entrando na estación de A Coruña)

Outros servizos Rexionais son os prestados mediante a  liña  A Coruña- Zamora con automotores da serie 596, alias os “Tamagochis”. Por esta liña circulan diariamente os servizos que unen Ourense San Francisco e Santiago de Compostela (viceversa) e Ourense San Francisco – Carballiño (inverso).  En canto a primeira combinación adoita ser prestada con automotores da serie 596 todos os días da semana agás os venres e domingos, que son servidos coa serie 594, tento orixinais coma reformados. Este cambio de material reside  no aumento de demanda ocasionada polo regreso dos universitarios aos seus fogares de orixe e a volta as clases, respectivamente. As paradas existentes son A Friela – Maside, O Caballiño, O Irixo, Lalin ata chegar a Compostela. Para rematar cos rexionais, temos o que une Ourense San Francisco con O Carballiño, coa única parada intermedia, nunha das frecuencias, en Ourense Empalme.

(Rexional  S-594 reformado:Santiago - Ourense San Francisco)

Dous son os servizos Rexionais Express que se prestan en Galicia, ambos teñen o seu punto de orixe ou de destino Vigo Guixar.  O primeiro deles, prestado por automotores diésel da serie 596, une Vigo con Valença do Minho efectuando paradas nas estacións intermedias de Redondela, Porriño, Guillarei eTui.  O outro, é o que une, tamén Vigo Guixar con Ponferrada. É prestado con automotores, neste caso, eléctricos da serie 440 (sendo habitual velos tamén con automotores da serie  121 ou mesmo 596), que permiten a subida de viaxeiros nas estacións de Redondela, Porriño, Guillarei, Caldelas, Salvaterra do Miño, As Neves, Abo, Pousa-Creccente, Fieira, Filgueira, Ribadavia, Ourense, Barra de Miño, Os Peares, San Pedro de Sil, San Estevo do Sil,Areas, Canabal,Monforte, A Pobra de Borllón, San Clodio-Quiroga, Montefurado, A Rúa Petín, Villamartín de Valdeorras, Sobradelo,Quereño, Covas, Toral de los Vados e Villadepalos. A outra frecuencia, tamén baixo o título de Rexional Espress, varía algunha das estacións anteriormente citadas e engade outras tantas ate chegar a León.

(Dupla de Rexionais S-596 en Ourense Empalme)

Agradecementos aos amigos do G.A.F.pola súa colaboración e a Iago González Vázquez, habitual colaborador deste blog.



sexta-feira, 12 de fevereiro de 2016

Plan Galicia 2016; Primeira parte: Os tren Hotel

O 24 de Xaneiro deste novo ano, Renfe, decidiu que o día 1 de Febreiro ía  poñer en marcha un novo plan para as terras do fogar de breogán. 
Nesta publicación, analizaremosen que  lles afecta o mesmo ós Tren Hotel.
Ata entón os Tren Hotel que unían Galicia con Madrid, saían da capital española nunha triple composición coas ramas de Ferrol, Pontevedra e A Coruña, alcumada "Rias Gallegas".  En Ourense separábanse  pasando a ser traccioadas polas locomotoras de Renfe da subserie 333.4 (cada día variaban as locomotoras que arrastraban os tren hotel).
A partir de hoxe, esto xa é histotia, pois as ramas pasan a circular de forma separada ata Madrid.A continuación analizaremos o que acontece con cada rama.
A primeira en analizar será a de Ferrol, esta, sairá con rumbo a Madrid as 20.40 e chegará o destino ás 9.25 dando unha volta que o fai percorrer Pontedeume, Betanzos-Cidade, A Coruña,Betanzos-Infesta, Curtis Guitiriz, Lugo, Sarria, Monforte de Lemos para sair por O Barco de Valdeorras rumbo Madrid Chamartin (en total 12 horas e 45 minutos),
Polo que respecta a rama herculina, esta, deixa de circular,  A Coruña queda co servizo de Tren Hotel da rama de Ferrol, mentres que Santiago de Compostela, Lalín, O Carballiño e Ourense perdenno. Tan só a cidade  do apóstolo e a bañada polas augas do Miño manteñen a súa conexión coa meseta a través dun Alvia nocturno que sairá de Compostela as 5.15 chegando as 10.23 a estación de Madrid Chamartin e regresará as 23.59 ao seu punto de partida, cunha duración de cada trayecto de 5 horas e 8 minutos.
Finalmente, a rama de Pontevedra, tamén circulará de xeito aislado ata Monforte de Lemos, pasando polo seu recorrido habitual, polo que Ourense manterá este tren hotel e sendo acoplada en Monforte a rama de Ferrol.


Plan Galicia 2016; Segunda Parte: Os Alvias

Nesta segunda e última  entrega adicada o Plan Galicia, analizaremos de que xeito quedaron as diferentes cidades galegas unidas con Madrid por vía férrea.
Comezaremos pola capital do país, Santiago de Compostela, e logo iremos a ralentí por todas as urbes da fachada atlántica para rematar en Lugo.
No que respeta á cidade xacobea, a parte das modificación de horarios das circulacións respeto a como se viñan producindo ata o 1 de Febreiro, polo que máis destaca é pola posta en marcha dunha nova frecuencia. A mesma, permite sair de Compostela as 05.15 horas e chegar a Madrid as 10.23, ou o que o mesmo facer o traxecto en 5 horas e 8 minutos grazas ao novo trazado Olmedo-Zamora.
 Posibilitando regresar no mesmo día o sair da capital de España as 18.50h, rematando a viaxe as 23.59h xa en Compostela. En definitiva, os santiagueses dispoñen de  sete frecuencias diarias a Madrid, de las, tres son directas, (prestadas con trens da S-730) mentres que as restantes requiren de transbordo en Palencia (a frecuencia das 10.06h)  ou en Ourense (as frecuencias das 12.10 h e das 17.00h). As opción para viaxar dende Santiago de Compostela  redúcense a catro e cinco circulancións se nos referimos aos sábados e domingos respectivamente.
Agora subimos cara a cidade militar por excelencia, Ferrol. As opcións de viaxar a Madrid en relación con outras cidades galegas redúcense notablemente, xa que, Ferrol solo dispón de tres conexións diarias durante a semana coa meseta. As dúas primeiras a través de Alvias e a terceira mediante o Tren Hotel Rias Galegas. durante a semana, mentres que os fines de semana caen a unha (os sábados) e a dúas (os domingos), eso sí todas directas.
A Coruña con seis frecuencias diarias e outra das cidades que tamén quedan ven conectadas coa meseta. Os coruñeses teñen a súa disposición  tres conexións directas, dous Alvias (s-730) e un tren hotel, e outros tres trens con transbordo en Ourense. Os  sábados e domingos, os coruñeses, respectivamente,  dispoñen de tres e catro trens para facer o traxecto.
Cambiamos de provincia, pasamos á de Pontevedra. Tres Alvias, o Tren Hotel Rías Baixas e un enlace con Compostela, constitúen as distintas posibles combinacións que os pontevedreses dispoñen durante a semana para ir a Madrid. No chocante aos fins de semana,  a cidade bañada polas augas do Lérez, dispón os sábados de dúas circulacións (unha directa e a outra con transbordo en Santiago de Compostela)  e de tres os domingos, xa que como acontece nas restantes cidades que dispoñen de tren hotel, este circula de domingo a venres.
Os vigueses dispoñen de seis conexións diarias coa capital do Reino de España, catro directas (s-730) e dúas con enlaces (un en Compostela e a outra en Ourense). Os fines de semana as posibilidades diminúen, ata deixala cidade con só tres trens, dos cales dous son con enlaces.
Se nos movemos un chico cara o este, entramos na provincia de Ourense, o gran distribuidor ferroviario de Galicia. É a súa capital de provincia, a cidade galega con mellor conexións con Madrid, pois dispón de nove conexións durante os días da semana ( sete directas e dúas con enlace) .  Catro conexións directas  (cinco os domingos co tren hotel)  e dúas con enlaces fan que Ourense siga sendo tamén a urbe con máis circulacións os fins de semana.

Finalmente, a cidade sempre olvidada polo ferrocarril, Lugo dispón de dúas conexións de domingo a venres con Madrid, ambas directas. Os sábados a única opción  da que dispón é de un Alvia ás 11.10h.
Con esta foto dun S- 730 saíndo de Santiago de Compostela rumbo a A Coruña, do noso amigo e colaborador  Iago González Vázquez, poñemos fin a análise do  Plan Galicia 2016.


terça-feira, 12 de janeiro de 2016

Passageir@s ao trem!

O 12 de Janeiro de 1887 a companhia de capital galego "Ferro-Carril Compostelano"  passa a mãos inglesas e queda registrado ca raçom social de "The West Galicia Railway Company Limited". Galiza "perdia o trem" mais unha vez na sua historia passando a depender de outros para artelhar-se e desenvolver-se.

Hoje, 129 anos despois estreamos este blogue ca vontade de reunir a todas as galegas e galegos interesados no mundo do ferrocarril a todos os niveis:
Galiza e os paises da
area cultural galaica

-Plataformas de defensa,usuari@s, amantes, fotograf@s, coleccionistas, maquinistas...

A nossa vontade é criar e tecer umha rede e nexos de uniom a nivel galego arredor do ferrocarril.

Centraremonos em 1ª instancia no mundo do ferrocarril galego e em segundo plano do ferrocarril dos paises galaicos, sem perder de vista o resto do ferrocarril dos paises europeios e por último a nivel mundial...

A modo de presentaçom curta e singela, iste é o nosso saudo...
"... passageir@s o trem!!! sube que arrancamos!!!"