sexta-feira, 12 de fevereiro de 2016

Plan Galicia 2016; Segunda Parte: Os Alvias

Nesta segunda e última  entrega adicada o Plan Galicia, analizaremos de que xeito quedaron as diferentes cidades galegas unidas con Madrid por vía férrea.
Comezaremos pola capital do país, Santiago de Compostela, e logo iremos a ralentí por todas as urbes da fachada atlántica para rematar en Lugo.
No que respeta á cidade xacobea, a parte das modificación de horarios das circulacións respeto a como se viñan producindo ata o 1 de Febreiro, polo que máis destaca é pola posta en marcha dunha nova frecuencia. A mesma, permite sair de Compostela as 05.15 horas e chegar a Madrid as 10.23, ou o que o mesmo facer o traxecto en 5 horas e 8 minutos grazas ao novo trazado Olmedo-Zamora.
 Posibilitando regresar no mesmo día o sair da capital de España as 18.50h, rematando a viaxe as 23.59h xa en Compostela. En definitiva, os santiagueses dispoñen de  sete frecuencias diarias a Madrid, de las, tres son directas, (prestadas con trens da S-730) mentres que as restantes requiren de transbordo en Palencia (a frecuencia das 10.06h)  ou en Ourense (as frecuencias das 12.10 h e das 17.00h). As opción para viaxar dende Santiago de Compostela  redúcense a catro e cinco circulancións se nos referimos aos sábados e domingos respectivamente.
Agora subimos cara a cidade militar por excelencia, Ferrol. As opcións de viaxar a Madrid en relación con outras cidades galegas redúcense notablemente, xa que, Ferrol solo dispón de tres conexións diarias durante a semana coa meseta. As dúas primeiras a través de Alvias e a terceira mediante o Tren Hotel Rias Galegas. durante a semana, mentres que os fines de semana caen a unha (os sábados) e a dúas (os domingos), eso sí todas directas.
A Coruña con seis frecuencias diarias e outra das cidades que tamén quedan ven conectadas coa meseta. Os coruñeses teñen a súa disposición  tres conexións directas, dous Alvias (s-730) e un tren hotel, e outros tres trens con transbordo en Ourense. Os  sábados e domingos, os coruñeses, respectivamente,  dispoñen de tres e catro trens para facer o traxecto.
Cambiamos de provincia, pasamos á de Pontevedra. Tres Alvias, o Tren Hotel Rías Baixas e un enlace con Compostela, constitúen as distintas posibles combinacións que os pontevedreses dispoñen durante a semana para ir a Madrid. No chocante aos fins de semana,  a cidade bañada polas augas do Lérez, dispón os sábados de dúas circulacións (unha directa e a outra con transbordo en Santiago de Compostela)  e de tres os domingos, xa que como acontece nas restantes cidades que dispoñen de tren hotel, este circula de domingo a venres.
Os vigueses dispoñen de seis conexións diarias coa capital do Reino de España, catro directas (s-730) e dúas con enlaces (un en Compostela e a outra en Ourense). Os fines de semana as posibilidades diminúen, ata deixala cidade con só tres trens, dos cales dous son con enlaces.
Se nos movemos un chico cara o este, entramos na provincia de Ourense, o gran distribuidor ferroviario de Galicia. É a súa capital de provincia, a cidade galega con mellor conexións con Madrid, pois dispón de nove conexións durante os días da semana ( sete directas e dúas con enlace) .  Catro conexións directas  (cinco os domingos co tren hotel)  e dúas con enlaces fan que Ourense siga sendo tamén a urbe con máis circulacións os fins de semana.

Finalmente, a cidade sempre olvidada polo ferrocarril, Lugo dispón de dúas conexións de domingo a venres con Madrid, ambas directas. Os sábados a única opción  da que dispón é de un Alvia ás 11.10h.
Con esta foto dun S- 730 saíndo de Santiago de Compostela rumbo a A Coruña, do noso amigo e colaborador  Iago González Vázquez, poñemos fin a análise do  Plan Galicia 2016.


Sem comentários:

Enviar um comentário