O 24 de Xaneiro deste novo ano, Renfe, decidiu que o día 1 de Febreiro ía poñer en marcha un novo plan para as terras do fogar de breogán.
Nesta publicación, analizaremosen que lles afecta o mesmo ós Tren Hotel.
Ata entón os Tren Hotel que unían Galicia con Madrid, saían da capital española nunha triple composición coas ramas de Ferrol, Pontevedra e A Coruña, alcumada "Rias Gallegas". En Ourense separábanse pasando a ser traccioadas polas locomotoras de Renfe da subserie 333.4 (cada día variaban as locomotoras que arrastraban os tren hotel).
A partir de hoxe, esto xa é histotia, pois as ramas pasan a circular de forma separada ata Madrid.A continuación analizaremos o que acontece con cada rama.
A primeira en analizar será a de Ferrol, esta, sairá con rumbo a Madrid as 20.40 e chegará o destino ás 9.25 dando unha volta que o fai percorrer Pontedeume, Betanzos-Cidade, A Coruña,Betanzos-Infesta, Curtis Guitiriz, Lugo, Sarria, Monforte de Lemos para sair por O Barco de Valdeorras rumbo Madrid Chamartin (en total 12 horas e 45 minutos),
Polo que respecta a rama herculina, esta, deixa de circular, A Coruña queda co servizo de Tren Hotel da rama de Ferrol, mentres que Santiago de Compostela, Lalín, O Carballiño e Ourense perdenno. Tan só a cidade do apóstolo e a bañada polas augas do Miño manteñen a súa conexión coa meseta a través dun Alvia nocturno que sairá de Compostela as 5.15 chegando as 10.23 a estación de Madrid Chamartin e regresará as 23.59 ao seu punto de partida, cunha duración de cada trayecto de 5 horas e 8 minutos.
Finalmente, a rama de Pontevedra, tamén circulará de xeito aislado ata Monforte de Lemos, pasando polo seu recorrido habitual, polo que Ourense manterá este tren hotel e sendo acoplada en Monforte a rama de Ferrol.


Sem comentários:
Enviar um comentário