terça-feira, 8 de março de 2016

A mulher no ferrocarril: a primeira maquinista

O ir e devir histórico das nações e dos movimentos socias tenhem curiosamente umha vinculaçom grande ou pequena co mundo do ferrocarril.

   Com motivo do 8 de Marçal e a luita da mulher trabalhadora e emancipada queremos lembram o feito historico de “Pilar Careaga y Basabe” coma a primeira mulher maquinista.
    E dizemos e resaltamos “lembrar o feito histórico” e nom a figura em si, dado que “Pilar Careaga y Basabe” estivo sempre vinculada a Ultradereita, o Franquismo e mesmo ajudou a fundar o partido de ultra-dereita espanholista “Fuerza Nueva”.


  O feito histórico de que umha mulher manexara por aquel entonces (isto foi em 1929) aquelas obras da engenharia suponhia um grande avanço na luita pola emancipaçom, sentava um precedente num eido ate o momento so dos homens: “umha mulher guiando umha locomotora” ...mesmo ajudava a normalizar o que já deberia ser normal.

   Curiosamente esta maquinista guiou o “Expreso de Galicia” de “Caminos de Hierro del Norte de España”

    A primeira maquinista manexou auténticas bestas de case 100 toneladas de aceiro, sem contar co tender; foram a ‘Montaña’( 2 eijos dianteiros, 4 motrices, 1 trasseiro 2-4-1) a ‘Confederación’ (2-4-2) e a ‘Mastodonte’ (2-4-0), enormes locomotoras de vapor (numeradas coma 4.600, 2400 e 4.300 respectivamente) da Compañía dos “Caminos de Hierro del Norte de España” nas variantes de Mercadorías, Viaxeiros e Mixtos.

   Há que sublinhar que por exemplo na Inglaterra a 1ª mulher em conducir um trem foi Haren Harrison em 1978, no estado espanhol a RENFE nom permitiu mulheres na empresa ate 1979 e FEVE nom contou com umha maquinista ate o 2008.


   O mundo do ferrocarril vai os poucos abrindose e normalizandose no eido da luita social femenina, agardemos que siga na boa direçom e nom chegue a "via morta"

sábado, 5 de março de 2016

Rexionais; os “Cercanías” de Galicia.

Hoxe facemos dende Vía Galega unha reflexión acerca de ese servizo que nos ofrece a Renfe, os Rexionais ou Rexionais Express.
A elevada dispersión xeográfica que caracteriza a Galicia dificulta a implantación de un sistema que ofreza unha conexión rápida entre os distintos pobos e aldeas  cas urbes. Renfe e Adif trátanlle de dar unha solución cos Rexionais ou Rexionais Expréss, pero cunha infraestrutura antiga ( recodemos que estes automotores circulan polas antigas liñas) e con abundantes estacións intermedias, a competitividade do servizo decae.  Como trataron de solucionar o exceso de paradas,  pois ou ben coa súa supresión (estacións abandonadas) ou coas paradas facultativas.
A supresión de paradas, debería de ser tomada como a última das opcións a adoptar, so sería comprensible a súa aplicación, en aquelas estacións onde, previo un estudo de mercado, o  servizo non tivese demanda algunha.  No que respecta as paradas facultativas podería ser unha boa opción no sentido de dotar de unha maior competividade ao sector, se non hai viaxeiros agardando no anden, o tren podería continuar a súa marcha, sen apenas perder tempo.
Pese a todos os problemas que a simple vista se nos ocorren, estes servizos deben de continuar en pro de un ferrocarril público e social, que satisfaga as necesidades e demandas dos cidadáns.  
Na actualidade,  temos servizos Rexionais prestados con automotores da serie 599 que circulan  entre A Coruña e Vigo Guixar  (inverso) efectuando paradas en Cerceda Uxes, Meirama, Ordes ,Santiago de Compostela, Osebe, Padrón, Pontecesures, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Portela,  Pontevedra, Arcade, Cesantes, Redondela-Picota, e Redondela. Tanta poboación presente ao longo desta liña, posibilita, a existencia de diferentes combinacións e frecuencias, como son os servizos Santiago de Compostela - Vilagarcía (viceversa), Vigo Guixar-  Santiago e Vigo – Pontevedra (as cidades anteriormente citadas son o orixe e o destino do automotor, pero este, mantén as paradas enumeradas no comezo do parágrafo).

(Rexional S-599 entrando na estación de A Coruña)

Outros servizos Rexionais son os prestados mediante a  liña  A Coruña- Zamora con automotores da serie 596, alias os “Tamagochis”. Por esta liña circulan diariamente os servizos que unen Ourense San Francisco e Santiago de Compostela (viceversa) e Ourense San Francisco – Carballiño (inverso).  En canto a primeira combinación adoita ser prestada con automotores da serie 596 todos os días da semana agás os venres e domingos, que son servidos coa serie 594, tento orixinais coma reformados. Este cambio de material reside  no aumento de demanda ocasionada polo regreso dos universitarios aos seus fogares de orixe e a volta as clases, respectivamente. As paradas existentes son A Friela – Maside, O Caballiño, O Irixo, Lalin ata chegar a Compostela. Para rematar cos rexionais, temos o que une Ourense San Francisco con O Carballiño, coa única parada intermedia, nunha das frecuencias, en Ourense Empalme.

(Rexional  S-594 reformado:Santiago - Ourense San Francisco)

Dous son os servizos Rexionais Express que se prestan en Galicia, ambos teñen o seu punto de orixe ou de destino Vigo Guixar.  O primeiro deles, prestado por automotores diésel da serie 596, une Vigo con Valença do Minho efectuando paradas nas estacións intermedias de Redondela, Porriño, Guillarei eTui.  O outro, é o que une, tamén Vigo Guixar con Ponferrada. É prestado con automotores, neste caso, eléctricos da serie 440 (sendo habitual velos tamén con automotores da serie  121 ou mesmo 596), que permiten a subida de viaxeiros nas estacións de Redondela, Porriño, Guillarei, Caldelas, Salvaterra do Miño, As Neves, Abo, Pousa-Creccente, Fieira, Filgueira, Ribadavia, Ourense, Barra de Miño, Os Peares, San Pedro de Sil, San Estevo do Sil,Areas, Canabal,Monforte, A Pobra de Borllón, San Clodio-Quiroga, Montefurado, A Rúa Petín, Villamartín de Valdeorras, Sobradelo,Quereño, Covas, Toral de los Vados e Villadepalos. A outra frecuencia, tamén baixo o título de Rexional Espress, varía algunha das estacións anteriormente citadas e engade outras tantas ate chegar a León.

(Dupla de Rexionais S-596 en Ourense Empalme)

Agradecementos aos amigos do G.A.F.pola súa colaboración e a Iago González Vázquez, habitual colaborador deste blog.